blog me tendal Tag

BLOGME TENDAL CLXIX: Niño de pinzas

Velaquí están, os gazapiños de pinzas, no niño, piando pola comida. Que se está preparando, tranquiliños gazapiños, en casas coma as que hai no fondo, e que virán encher ás vosas boquiñas. Nunca vin un paxaro pousado na corda dun tendedeiro...

BLOGME TENDAL CLXVIII: Seca ca vista

Se eu fose fotógrafo, e dos bos, que non son, faría unha fotografía destas bonitas onde todo fose roupa tendida. Onde estivese todo o que hai na roupa tendida, ás veces na vistas, outras no olfato, outras no tacto (e tamén no oído e...

BLOGME TENDAL CLXVII: Solitario e limpo

É tan raro topar prendas íntimas masculinas soas nun tendedeiro que quedei prendido deste. A roupa íntima masculina adoita ir no medio da outra, sen embargo a feminina, as mais das veces é merecedora de vogada propia e corda de seu no tendal, de...

BLOGME TENDAL CLXV: Tendedeiro de parella

Que parella! Unha parece máis traste que o outro. Cubata para a esquerda e gintonic para a dereita. Agasallaranse tous nos días sinalados? El é caluroso e ela frioleira. Xa me chamaría a atención que non cadrasen sexo e estampado do pixama. E ten un patrón...