Roupa de neno con corchetes para prender no pantalón, que queres ser de maior?
Tamén a roupa soña. Quere ser suaeira de adolescente inconsciente e destemido....
Nin nubes para tender e sen embargo está.
Velaí está, sempre está, calado, disposto.
Nin se ofrece nin espera. Simplemente está, como os bos amigos....
Tres mulleres distintas: A lixeira, a normal e a formal.
E as tres son unha, a mesma, dependendo da hora do día, da climatoloxía e tamén da compañía....
No fondo da tarde as roupas xogan ó curro
Don Xulián
foi á misa;
veu un can
e comeulle a camisa.
Marcha can,
que non é pan,
que é camisa
de Don Xulián.
Orella Pendella...
As roupas esperan marciais, en formación de dúas filas en fondo, a que veña o vento a pasarlles revista.
Há pasar o vento por elas co seu aire nada marcial, informal e bailador, saudando a cada unha, xogando con todas, tirándolles calquera rixidez.
Así rematarán as...