Inicio

BLOGME TENDAL DLXVII: Muller

Soa en casa grande con lugar que atender. Moito traballo! Espero que poida! Que estea soa na casa non quere dicir que o estea na vida. Que a goce. A vida. E a casa tamén....

BLOGME TENDAL DLXVI: Reciclaxe

O costume de lavar dá máis vidas as cousas. Permite que as cousas se descubran noutras funcións e usos, algúns inesperados. Fai que as cousas se descubran a si mesmas distintas, ricas, plurais, sorprendentes. Se necesitas un cambio na túa vida: Lávate! Ou lava!...

BLOGME TENDAL DLXV: “Por min!”

Un tendedeiro de aldea sempre é un xoguete. Xogan as roupas a agocharse atrás do pau. Con quen xogan? Quen apanda? En calquera momento sairán correndo ó pando e berrarán: “Por min!”...

BLOGME TENDAL DLIX: Intempériome

Intempériome ó ventimperio Roupa e vento bailan unha danza visceral, carente de pudor, instintiva, reactiva. Quen comeza o baile? O vento cando sopra ou a roupa cando tende? O vento retorce a roupa, seca as cordas, enferruxa ós ferros; a roupa bate ó vento contra as paredes,...