Blog

BLOGME TENDAL DLXVI: Reciclaxe

O costume de lavar dá máis vidas as cousas. Permite que as cousas se descubran noutras funcións e usos, algúns inesperados. Fai que as cousas se descubran a si mesmas distintas, ricas, plurais, sorprendentes. Se necesitas un cambio na túa vida: Lávate! Ou lava!...

BLOGME TENDAL DLXV: “Por min!”

Un tendedeiro de aldea sempre é un xoguete. Xogan as roupas a agocharse atrás do pau. Con quen xogan? Quen apanda? En calquera momento sairán correndo ó pando e berrarán: “Por min!”...

BLOGME TENDAL DLXIV: En pé.

En pé, erguidas, rexas e gallardas. En pé no tendedeiro, dispostas a darlle a volta ás cousas. A darlle a volta ó mundo! “Irmáns, en pé, seréos!”...

BLOGME TENDAL DLXII: Xura de bandeira

Quen saia do coche pola porta do acompañante dá de cara ca roupa. Podería, debería, bicala como nunha xura de bandeira doméstica e familiar; como mostra de respecto. Eu bicaríaa....