09 Xuñ BLOGME TENDAL DCLXIV: Rúa muda
Nesta rúa as casas falaron.
Xa queda unha casa só.
As casas novas son como a sociedade nova: máis pecha, calada. Remoe pra dentro, non se sabe que pensa a casa, como é.
Só queda unha casa. Das de antes. Afeita como está a falar, ela fala pra quen non sabe se escoita. Sabe que non fala. Mira casas e non entende por que non falan.
“E logo, non viven?”
Cando pasei ó seu carón, non sei se me falaba a min ou se se laiaba pra si, pero dicía:
“Xa non hai con quen falar!”
Sen comentarios