BLOGME TENDAL DLXI: Dous en un.

19 Xuñ BLOGME TENDAL DLXI: Dous en un.

Cando miro un lavadeiro, miro unha lavadora.
Liberou tempo e servidumes. Aforrou madrugóns e mergullar mans (femininas) en auga fría.
Agora é un lavatendedeiro. Dunha persoa só, da única que vive e pasa perto del, e pode dispoñer deste lavadeiro comunitario como lavadeiro persoal no que lavar a man e despois tender, abrigada do sol, a secar ó aire a roupa… cal? A delicada ou a bruta?
Mudou a vida, mudou. E para ben! Que pregunten ás mans que lavan a roupa!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: