BLOGME TENDAL DXXX: Conversa

14 Nov BLOGME TENDAL DXXX: Conversa

A familia do cuarto, e a terceiro esquerda falan da xente do primeiro que aínda non levantaron as persianas, que xa son horas!!!!

E a xente do cuarto esquerda, está a botar a siesta? Di a señora do terceiro dereita. Que teñen as persianas a medio baixar.

Non, contesta a solteira do segundo esquerda, non é por siesta, é que un deles traballa na quenda de noite. Iso sempre dá moito sono, intervén a do terceiro esquerda. Mira para min, que teño o meu home a durmir no sofá, que estivo mirando as motos de madrugada.

A do cuarto dereita di que ten que ir recoller á pequena, e que por favor, se vén o fontaneiro, que xa o atende a do segundo dereita que ten copia das chaves, e no piso non hai nada que roubar. Que xa sabe que é a cisterna que non pecha a auga e está a botar seguido.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: