BLOGME TENDAL DCLXVIII: Despeiteado

06 Set BLOGME TENDAL DCLXVIII: Despeiteado

(Fura, fura, de José Afonso) https://www.youtube.com/watch?v=URAnO_Z_URA

Tendedeiro ó vento, despeiteado. E sempre penso: se voaran as roupas por fin!

Se fose xente, este tendedeiro sairía ó mundo a remexelo, provocalo, escandalizar a medoñas, acirrar a afoutos, e rir e bailar con descoñecidos.

Pero as roupas están amarradas a cordas que están amarradas a soportes que están amarradas a paredes que están fincadas na terra e “o chan como é duro, de todo ten man”.

Entón lembro ás galiñas:

que é pena, que é mágoa

que um ave de penas

nao possa voar”

(Fura, fura, de José Afonso)

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: