BLOGME TENDAL DCLIV: Ciclos

31 Mai BLOGME TENDAL DCLIV: Ciclos

O río onde se lava, a herba na que se clarea, o tendedeiro onde seca.

E a cerdeira acompaña o ciclo da limpeza co seu ciclo anual, dá cor á roupa e a quen a lava.

Só o río é lineal, vai e non volve.

Nunca se lava a mesma roupa no mesmo río aínda que a tendas no mesmo tendeiro á vista da mesma cerdeira.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: