BLOGME TENDAL CDVIII: O coidado.

24 Nov BLOGME TENDAL CDVIII: O coidado.

Muller e traballadora.

Seguro que lavou todo a man.

Un remollo bo para que o branco quede branco e dea a impresión de traballo feito con coidado, que isto é o que transmite a limpeza: coidado

Dous mandís e a camisola. As cousas, cando se fan ós poucos, non dan traballo.

Chámame a atención o contraste. Roupa de fóra, profesional, branca; roupa de dentro, íntima e persoal, negra.

E a teoría da limpeza e do coidado vaime polo canalón abaixo.

Eu penso que non, que o negro non vai con todo. En casos coma este non, claramente, non combina ben.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: