Velaí están, acurrunchadas contra o recanto do patio de luces (por que chaman “de luces” a un sitio que case sempre é o máis escuro do edificio?)
Atemorizadas.
Cal será a ameaza!?...
A roupa de traballar, os guantes de traballar, os calcetíns de traballar, os pantalóns de traballar, as camisolas de traballar, o traballo que pasa a lavadora para non acabar de lavar o traballo da roupa de traballar.
Aquí é o sol quen traballa....
Son as mesmas mans as que tenden nos dous tendedeiros e no último momento e cas presas, quedoulle desparellada esta roupa interior.
E pra que non se sintan desqueridas, por non volver subir ou baixar escaleiras, púxoas no mesmo lado dos balcóns ata que...