varanda Tag

BLOGME TENDAL DXVIII: Que sexa feliz, señora.

Non me custa nada imaxinala sentada, así lixeira de roupa pola calor abafante; cos dedos das mans entrelazados, sen tele, sen radio; nun silencio rebentado polo estrondo dos pensamentos, mentres os ollos, dirixidos á xanela atrás da que está o tendedeiro, miran un universo...

BLOGME TENDAL DXVII: Trapos

Son o lumpen do téxtil doméstico. Os arrastrados, imprescindibles e marxinados. E é necesario marxinalos, por saúde, por hixiene e por comodidade. Canto se lles debe e o mal que se lles trata! A traxedia é que non pode ser doutra maneira...

BLOGME TENDAL DXV: Pastel de calma

Pra min que é de muller, madura xa, e soa. Élle, igual, unha benzón, así pode vestir esa roupa de cores suaves, pacíficas, sosegadas. Hai saber do trebón pra gozar da calma...