Zapatos na xanela, roupa na terraza.
Só falta o vermouth.
Que agradables son as mañáns de sábado que podes dedicar a limpar a casa, ó teu ritmo, con tempo para gozar do tempo que tes...
Soa en casa grande con lugar que atender.
Moito traballo!
Espero que poida! Que estea soa na casa non quere dicir que o estea na vida.
Que a goce.
A vida.
E a casa tamén....
O costume de lavar dá máis vidas as cousas.
Permite que as cousas se descubran noutras funcións e usos, algúns inesperados.
Fai que as cousas se descubran a si mesmas distintas, ricas, plurais, sorprendentes.
Se necesitas un cambio na túa vida: Lávate! Ou lava!...
Un tendedeiro de aldea sempre é un xoguete.
Xogan as roupas a agocharse atrás do pau.
Con quen xogan? Quen apanda?
En calquera momento sairán correndo ó pando e berrarán: “Por min!”...