roupa Tag

BLOGMETENDAL DCCXLIX: Acochadiñas

Velaí están as roupas. Non están a secar, están acochadiñas debaixo das uralitas pra se protexeren de choivas, ventos e olladas. Xente reservada, esta roupa. Xente familiar, apertadas unhas cas outras. Xente prudente de máis....

BLOGMETENDAL DCCXLVII: Pulcritude

Un balcón organizado, un tendedeiro de baixo custo sostible, e tanto! nos ferros do propio balcón. Unha persoa organizada e pulcra malia a parede vella e deixada. Contra o desleixo, a beleza de ter coidado....

BLOGMETENDAL DCCXLV: Infinito

Onde non chega o tendedeiro, tírase unha corda e onde a corda non chega bótase man dunha escada. Queda a bicicleta pra tirar corda ata o infindo e alén mar!...

BLOGMETENDAL DCCXLIV: Inútil

Un tendedeiro inútil encartado nun balcón con cordas inútis. Igual só a toalla é necesaria. Miña coitada, tirada na varanda, debruzada no pasamáns. Tiraron con ela, e igual ela quere tirarse tamén. Se a toalla fose xente...