Cores claras as da roupa de arriba.
Cores escuras as da roupa de abaixo.
Difícil convivencia. As sombras median entre os dous tendedeiros para comunicalos, que falen, que se relacionen e convivan e se respeten....
Para lavar esta roupa que só está suada, pouco deterxente fai falta. Pouco deterxente botará na lavadora, supoño.
Pero o chamativo é como tende a roupa interior, diferente dos pantalóns de deportes: pola banda lateral.
Algunha razón terá, pero pode que sexa unha teima, un costume,...
O pixama de dormir, a toalla para a ducha, a alfombra para estar mentres se seca e os calcetíns para facer o almorzo.
Non falta nada
(Vale si, o mandilón por se salpica o café ou cae marmelo, pero pode seguir con el posto mentres recolle...