Zapatos na xanela, roupa na terraza.
Só falta o vermouth.
Que agradables son as mañáns de sábado que podes dedicar a limpar a casa, ó teu ritmo, con tempo para gozar do tempo que tes...
O costume de lavar dá máis vidas as cousas.
Permite que as cousas se descubran noutras funcións e usos, algúns inesperados.
Fai que as cousas se descubran a si mesmas distintas, ricas, plurais, sorprendentes.
Se necesitas un cambio na túa vida: Lávate! Ou lava!...
Un tendedeiro de aldea sempre é un xoguete.
Xogan as roupas a agocharse atrás do pau.
Con quen xogan? Quen apanda?
En calquera momento sairán correndo ó pando e berrarán: “Por min!”...