
10 Abr BLOGME TENDAL DLI: papaventos
Hai tendederos que teñen boca! Son papaventos. Papan o vento e papan a quen as viste.
Aurora, un día, non esperou a que un vestido de raias, alegre, secara, que xa llo avisara a veciña, a tía Vitoria, e vestiuno con humidade. E a roupa, indignada, abriu a boca e papou a Aurora. E unha súa visita, Aurita, quixo probar a un vestido gris tamén mal secado, e papárona tamén! E máis outra que acompañaba a Aurita e coñecía de vista a Aurora, probou unha parte de arriba de cor de señora, e alá foi!
Dende aquela hai tres roupas polo mundo adiante que parecen aparicións, pois non hai quen os vista, as ánimas de Aurora, Aurita e a amiga non deixan que entre corpo ningún. Non por sentido da propiedade senón por manter a intimidade.
As coitadas das roupas están nun sen vestir, séntense baleiras por dentro. Inconsolables sen ninguén que as encha.
Cando me visto non sei se eu visto á roupa ou é a roupa a que me papa!
Sen comentarios