
31 Xan BLOGME TENDAL DCLXXXIX: Como é?
Sempre me gustaron os básicos. Imaxinar á xente vestida ca roupa que teñen no tendedeiro a secar. Por iso nunca miro quen vive nese tendedeiro, se hai alguén nunca tiro a foto; prefiro imaxinar sen saber, ó meu xeito, deixándome levar pola roupa.
Cando son así de básicos, imaxino á persoa vestida só con esa roupa e facendo vida así pola casa adiante.
Case sempre son mulleres. Non, non é curioso. O tendedeiro xa fala a quen queira entender.
Así que a esta imaxínoa así, con esta roupa só. E sentada na postura que o pantalón ten no tendedeiro. Logo imaxino como ten os brazos, como ten a man dereita…, e como mira, e como …
Sen comentarios