22 Nov BLOGME TENDAL DCLXXIX: teatro de balcón
Os guantes aplauden o marabilloso traballo do caldeiro.
Fixo unha posta en escena limpa, pulcra, esencial. Tirou todo que sobraba do espazo escénico, que agora é acolledor é pode acoller igualmente o Hamlet de Shakesperare ou o de Cunqueiro.
O pano non é de fondo, senón de proscenio.
Érgase ou non, o gran teatro do mundo, non o de Calderón, represéntase cada día atrás del como unha commedia all’improviso
Sen comentarios