BLOGME TENDAL CDLXIX: Escalado inverso

13 Set BLOGME TENDAL CDLXIX: Escalado inverso

Primeiro a roupa infantil

Segundo a roupa adulta

Terceiro a roupa de cama

É como saen as familias a pasear. A xente miúda diante. Aínda que ás veces, os avós rompen a escala!

Ó revés do que se entendía por un tendedeiro ben feito:

Primeiro a roupa grande, que tape a

roupa máis pequena, que tape a

roupa aínda máis pequena, que adoita cadrar ca íntima. E non se lle amosan as intimidades a calquera que pase por diante. Que desvergonza sería! Por quen nos habían tomar!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: