BLOGME TENDAL CDXV: Á espreita

12 Xan BLOGME TENDAL CDXV: Á espreita

Miran, só miran.

Non se sabe se esperan.

Nin se sabe a que miran.

Pero miran con mirada cega.

Á espreita.

Mentres airean

pola regaña da xanela

espreitan

e inquedan.

Se paro, desafían;

se miro, retan;

se apuro … espreitan

E non é máis que roupa nunha xanela.

Estou mal da cabeza!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: