15 Dec BLOGME TENDAL CDXI: Home que danza
A soedade permite impudicias que a compañía máis íntima veta. Este home que vive só pódese permitir camiñar pola casa así vestido, só ca camisa desabotoada e o calzón.
Liberación triple
Da camisa, que deixa de estar apreixada e invisibilizada pola chaqueta mais a garavata.
Do calzón, que deixa de estar afogado polo pantalón
Da panza que deixa de estar oprimida polo canon estético.
Si, acáelle unha cervexa nunha man, os pes descalzos e o mando a distancia a piques de morrer de asfixia pola presión do dedo escachapiollos.
Pero eu imaxínoo así vestido e descalzo no chan de parquet, danzando o ballet Copelia de Delibes.
Sen comentarios