08 Dec BLOGME TENDAL CDX: Praia
Se fose eu, non lavaría a roupa de praia.
Se fose eu, lavaríame ben con auga de mar para tirar as areas do bañador. Máis nada.
Se fose eu, só sacudiría a area da toalla e a roupa. Máis nada.
Se fose eu, tendería a roupa a secar así, sen pasala por auga doce, para que mantivera o seu arrecendo a mar, para respiralo cando asomase á xanela ou cando o vento o metese dentro da casa.
Se fose eu, tería o mar aí, perto, todo o tempo que el, o mar, quixera estar.
Sen comentarios