BLOGME TENDAL CDIX: Tendedeiro reivindicativo

01 Dec BLOGME TENDAL CDIX: Tendedeiro reivindicativo

Sen querer, as veces os tendedeiros amosan a nosa memoria ou as nosas preocupacións.

Eu vin este e preocupeime, pola xente de Alcoa e pola xente da xente de Alcoa.

Este tendedeiro parece a pancarta dunha manifestación reivindicativa. Reivindica o dereito a traballar, a que as persoas sexamos tratadas como persoas e non como un elemento máis da produción. Á xente non se nos debe tirar como se tira unha máquina cando non nos/lles serve. Nin arrombar.

Este tendedeiro reivindica o dereito ó coidado, a coidármonos, a mancharnos e a lavarnos para poder ir limpos e polo tanto sociables, pola vida adiante.

(É tendedeiro de muller)

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: