BLOGME TENDAL CDVII: Tendedeiro carcelario

17 Nov BLOGME TENDAL CDVII: Tendedeiro carcelario

Máis parece que están presas estas prendas, como nestes cárceres nos que os presos se botan ás verxas pedindo saír. Pedindo liberdade!

Exiladas, pero por que, se son as que máis sofren as vidas de quen as leva. E o trato que lles damos é poñelas ó aire, ó frío, sen consideración ningunha polo seu esforzo.

Son doadas de lavar: Con enxugalas en auga ben valen para unha xornada máis. Non requiren atención especial.

Son doadas de tirar. Tamén.

Co que elas aturan, o mal trato que levan

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: