BLOGME TENDAL CCCLXXVI: Revista

14 Abr BLOGME TENDAL CCCLXXVI: Revista

As roupas esperan marciais, en formación de dúas filas en fondo, a que veña o vento a pasarlles revista.

Há pasar o vento por elas co seu aire nada marcial, informal e bailador, saudando a cada unha, xogando con todas, tirándolles calquera rixidez.

Así rematarán as roupas o seu aseo e poderán levar á súa xente de paseo relaxado e limpo.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: