BLOGME TENDAL CCCLXVIII: Debruzadas na varanda

17 Feb BLOGME TENDAL CCCLXVIII: Debruzadas na varanda

Debruzadas na varanda, as roupas contemplan e exhíbense sen pudor a quen pasa pola rúa. Segundo como lles veña o vento, saúdan ou non. Manteñen a ollada de ver e ser vistas sen timidez, ca naturalidade de quen non oculta nada nin nada malo fai.

Podes parar, devolverlles a mirada e mesmo falar con elas.

Só tes que saber a súa linguaxe. Non te preocupes, non é difícil, para falar a maioría das linguas do mundo, cumpre máis que nada, escoitar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: