BLOGME TENDAL CCCXXXXLII: Sábado de muller soa

19 Ago BLOGME TENDAL CCCXXXXLII: Sábado de muller soa

Limpeza semanal!!

Sábado. Día de cambio de roupa. O cambio semanal de roupa é máis importante que o cambio de garda do pazo de Buckingham, pois de aquel depende a hixiene e o bo dormir e mais o bo descansar da xente da casa.

Neste caso, nesta casa, unha muller que vive soa.

O corpo de garda está formado por: A saba, a baixeira, o protector do colchón, o almofadón, as toallas, un par de calcetíns e outro de medias, e as sete bragas da semana máis unha de propina.

Foi unha urxencia ou foi unha alegría.

Á vista da cor da roupa da cama, brindo porque fora unha alegría!!

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: