BLOGME TENDAL CCCXXVII: Lavado a man

29 Abr BLOGME TENDAL CCCXXVII: Lavado a man

Tendal de señora.

Que vive soa. E cando lava, lava. E xa posta a lavar, lava a man. Porque son prendas delicadas.

As prendas íntimas, ás que a lavadora trata coma unhas calquera. Tócalles a peor parte, merecen mellor trato. E agradécese.

A blusa, a quen a lavadora trata como se fose toda igual, pero o pescozo e os sobrazos e os puños non son iguais ó resto. Queren man esquerda. E man dereita tamén.

O camisón debeu ir cun simple remollo de paso que se lavaban as outras.

Estas mans saben o que fan.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: