BLOGME TENDAL CCXXXVII: Tendedeiro senil

07 Ago BLOGME TENDAL CCXXXVII: Tendedeiro senil

Un pantalón de pixama, unha braga, un pano… Esa señora maior vaise facendo vella, os esfínteres e as lembranzas reláxanse e fanse presentes cando queren eles non a persoa que compoñen.

Cada muda de roupa é unha engurra máis na conciencia, é un saber que es vella. Sen dúbida. Sen volta. A conciencia, que é moi raposeira, pode negar a evidencia, pero a muda da roupa nega e nega a trampa.

Durmíu. E acordou, no acordar normal ou no medio da noite co acordar precipitado pola humidade quente sentida de súpeto. E limparse co pano e lavarse e lavar a roupa de contado para que o fedor a mexo non delate a evidencia de que se vai facendo vella.

As prantas, sempre verdes, sempre novas, son a proba de que esas mans coidaron moito dos demáis, e de si, o que puideron.

2 Comentarios
  • Chrinstine
    Publicado ás 23:40h, 13 Agosto Responder

    Greetings! I’ve been reading your site for some time now and finally got
    the courage to go ahead and give you a shout out
    from Porter Texas! Just wanted to say keep up the great work! http://yahoo.net

    • Avelino González
      Publicado ás 10:08h, 15 Agosto Responder

      OOh! Thank you very much! Sorry for my english

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: