BLOGME TENDAL CCXCVIII: Tendedeiro “patera”

08 Out BLOGME TENDAL CCXCVIII: Tendedeiro “patera”

Non é mais que iso. Así están as roupas, así está a xente. Roupa de cama e mais de vestir toda xunta. Arrebolada.

En cada balcón un tendedeiro, cada tendedeiro nun cuarto e nese cuarto a xente que usa esa roupa. Non é que o piso non teña tendedeiro. É que quen vive nos cuartos da vivenda non teñen que ver uns cos outros e non van arriscar a que unha roupa se perda.

E nos cuartos, liteiras.

Os do balcón do medio xa lavaron un par de días antes

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: