01 Xan BLOGME TENDAL CCLVIII: Tendedeiro de interior
Todas roupas de interior, agás unha camisa, poida que un par de camisolas.
Todas de cores suaves, crariñas. Branco, rosa e azul cun toque de cor carne, farían unha bandeira pola que eu daría a vida, e, antes, todo o meu agarimo.
Metódica: 3 pinzas por peza, a roupa miúda non canto, os suxeitadores na súa propia corda. Pasa o ferro, seguro!
E a fregona e a vasoira…
Mans organizadas. De muller. Só pode ser muller quen este tendedeiro compón. Previsora, sabe adiantarse ó futuro. Lavar a roupa cando xa está suxa faino calquera. Prever unha vogada de roupa interior, faino a xente esperta, afeita a se adiantar ós acontecementos. Intelixente.
Eu pedirialle consello a esta muller sobre calquera cousa. Seguro que é quen de saber interpretar e ver a esencia das cousas. Seguro que sabe distinguir, sabe localizar os amores.
Aínda que viva soa
Eu quero quedar con esta muller!
Sen comentarios