18 Dec BLOGME TENDAL CCLVI: Segregación
Se cadra nun exceso de intimidade, se cadra nun “xa-que-o-tendedeiro-é-pequeno-…” a separación entre a roupa de fóra e a roupa íntima pode parecer, neste caso, un esaxero.
Cumpre, iso si, co canon tradicional de tender ocultando a roupa íntima á vista de alleos e estraños. Que lle importa ó mundo a miña intimidade, así sexa a textil.
Pero… “pareceume ver un lindo gatiño”: O gato Silvestre sabe que miro. Sabe que vexo que por fóra é todo negro, pero por dentro hai cor, esperanza de alegrías para xentes íntimas e achegadas.
Sen comentarios