BLOGME TENDAL CCLV: Non se queren.

11 Dec BLOGME TENDAL CCLV: Non se queren.

A roupa da primeira corda é roupa de vestir, e a roupa da corda de atrás é roupa de durmir.

A roupa de vestir non quere traballar: Quere ir á cama.

A roupa de durmir tampouco quere traballar: Non quere que ninguén se meta na cama.

Mesmo as toallas, que saben que o seu lugar non é a cama, tampouco queren traballar: Queren ir ó sitio do can, ou do gato.

Os calcetíns e as bragas tampouco queren traballar pero… non saben onde ir: Se á cama ca xente ou co can. Dilema.

A roupa de vestir bótase. A roupa da cama fuxe.

As cordas terman delas e o vento encirra nas dúas.

 

 

 

 

 

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: