BLOGME TENDAL CCLIV: Anunciación

04 Dec BLOGME TENDAL CCLIV: Anunciación

O anxo do señor anunciou a María que xa ten a roupa seca. A súa e mais a da súa pequeniña.

Que non parece que vaia chover, pero a roupa seca non pinta nada no tendedeiro. A roupa xa pide que a recollan e a vistan e saian as dúas a pasear collidas da man.

Que a pequena pise nos charcos que atope e que á grande non lle importe volver lavar.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: