BLOGME TENDAL CCL: Sen esperanza

06 Nov BLOGME TENDAL CCL: Sen esperanza

Estará lavada a man. Ou nin sequera. Igual só pasaron por un remollo cunha pinga de lixívia. E el haberá lavadora?

Roupa tendida porque ten que secar. A roupa mesma está triste, apretada, non se mostra. Hai unha camisola! E nin ela pide o espazo que necesita de seu. Porque non se pode poñer mollada que se non…

O tendedeiro non ten esperanza. Que terá a xente que ten as mans que tende este tendedeiro?

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: