BLOGME TENDAL CCXXXIV: Avellentada

17 Xul BLOGME TENDAL CCXXXIV: Avellentada

Máis parece que a torturaron non que a tenderon; que a torceron non que a lavaron. E velaí está: debruzada na corda; pero debruzada hacia atrás. Se esta camisola fose xente estaría ca cabeza colgando hacia atrás, nesa postura tan incómoda que só se soporta cando se está derreado ou se está relado, destrozado.
E polo pescozo véselle ben que esta camisola foi vestida moitas veces, vése que quen a pon úsaa moito. E como a desvestirá? Quer tirando polos baixos, quer tirando polo propio pescozo da camisola, vese ben que o fai con desleixo, sen importar que, ós poucos, o pescozo vaia dando de si. Cedendo, perdendo corpo, perdendo encanto, perdendo tersura, perdendo alegría. Como esa xente que avellenta, non pola idade, senón polo mal que a vida, a xente, a tratamos

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: