BLOGME TENDAL DLIX: Intempériome

05 Xuñ BLOGME TENDAL DLIX: Intempériome

Intempériome ó ventimperio
Roupa e vento bailan unha danza visceral, carente de pudor, instintiva, reactiva.
Quen comeza o baile? O vento cando sopra ou a roupa cando tende?
O vento retorce a roupa, seca as cordas, enferruxa ós ferros; a roupa bate ó vento contra as paredes, as cordas esgánano, os ferros rabúñano.
As cordas e os ferros van perdendo guerras e batallas silandeiras.
A roupa fica retorta e deshidratada, o vento rabuñado e mazado.
É baile ou é combate?

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: