07 Feb BLOGME TENDAL CDXC: Ladras!
A min isto, máis que tender, paréceme que as roupas entraron a roubar na casa (igual foron roubar uns corpos que lles acaesen), oíron ruido da chave na porta e saltaron pola xanela pra fóra, ca mala sorte de que dúas quedaron enganchadas nas manetas das xanelas, e outras dúas escorregaron na alfombra e afuciñaron no marco baixo.
Coitadas! Cubrir corpos saberán, pero para roubar non valen
Sen comentarios