05 Xul BLOGME TENDAL DCLIX: Ferruxe
A ferruxe a roupa, non se levan?
Igual si e case sempre por necesidade. Porque dá preguiza mudar os soportes enferruxados. Pero é que cambiar eses soportes é traballo. Non é poñer unha barra por outra. Hai que cortar, furar, limpar, nivelar e cimentar.
É traballo.
Compensa máis tender a xeito, que a roupa recén lavada non toque a ferruxe, que a roupa húmida, xa se sabe, colle toda merda canta teña ó redor.
Sen comentarios