BLOGME TENDAL CDXVI: Marchou.

26 Xan BLOGME TENDAL CDXVI: Marchou.

Espiuse e marchou.

Deixou a casa arranxada e a roupa lavada e marchou. Non deixa atrás miseria ningunha. Para que?

Sabe que a vida é mancharse e limparse e volver mancharse e saber limparse. Unha vez e máis outra vez.

Marchou espida, limpa e lixeira.

Non necesita volver.

O mundo é a súa casa.

1Comentario
  • Marieta
    Publicado ás 11:28h, 26 Xaneiro Responder

    A vida é mancharse e limparse, e volver mancharse e saber limparse… maravilloso!

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: