20 Nov BLOGME TENDAL CCLII: Camballo
Como un camballo de uvas que medra na viña do tendedeiro. Cóllense as prendas como se uvas fosen. Póñense as prendas como se uvas comeses. Quen as comera!
Como un caravel de aire, que se alimenta das olladas de quen pasa. Quen mirara!
Como a pranta da envexa, que a esperta en quen ve, e ó mesmo tempo fréaa, como dicindo “Chincha rabiña”.
Envexa teño!


Sen comentarios