BLOGME TENDAL CCXLVIII: Bandeira branca

23 Out BLOGME TENDAL CCXLVIII: Bandeira branca

E el será un sinal… de que?

De rendición? Rendímonos! Non temos onde tender a roupa. Non imos volver tender no balcón nin abrir o tendedeiro pregable no salón nin, menos aínda!, no baño.

Imos mercar unha secadora. Pequena, barata, de baixo consumo. Aínda non sabemos onde poñela: no baño, no corredor, no dormitorio, na sala, na cociña, na escaleira, no portal, nas escaleiras, no relanzo das escaleiras, na punta da…!

Mentres, mentres o decidimos non podemos lavar roupa, como mostra da nosa rendición incondicional, penduramos a prenda branca máis branca que temos.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: