BLOGME TENDAL CCXLII: Roupa delicada

11 Set BLOGME TENDAL CCXLII: Roupa delicada

A foto fala das mans que tenden e lavan. Estas mans saben distinguir o que é importante do que non é.

Casa de aldea. As árbores, que son amieiros, falan do río que pasa por baixo e sae na foto porque saen eles. O valado, poste de formigón prefabricado e arame sobre tubos con puntos de ferruxe.

O importante son o calzón, de home maior (logo son dous vellos quen viven neste tendedeiro) e o tapete de ganchillo.

As dúas pezas brancas. As dúas pezas só, abanan nelas só un universo armónico e equilibrado entre o interior e o exterior, o íntimo e o social.

O calzón branco inmaculado, íntimo: Coidamónos nós.

O ganchillo da mesa de café, limpo, social: Coidamos da xente.

Queremos a quen nos quere. Querémonos a nós.

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: