28 Ago BLOGME TENDAL CCLX: Bicitendal
Coitadas. Que mala vida.
As cousas son para o que son e non son para o que non son. A bicicleta é para moverse, facer vento aínda que non haxa vento. A roupa é para secar ó vento. E velaquí están, roupa e bicicleta, freadas por unha varanda. O vento ha ter problemas para enredar con elas.
A roupa húmida secaría de contado montada na bicicleta, pedalando para in-ventar ese vento que a seque. A bicicleta gozaría correndo, deixándose pedalar, in-ventando. E o vento gozaría deixándose in-ventar
Roupa, bicicleta, vento… que corran!
Sen comentarios