BLOGME TENDAL CCXXXIX: Tendedeiro desleixo

21 Ago BLOGME TENDAL CCXXXIX: Tendedeiro desleixo

Caos de pinzas e perchas. Coma quen fai unha ensalada de restos para cando non hai nin moita fame nin moita ansia de facer de comer. Esta roupa foi, seguro, lavada a man, con certo desleixo, pero porque hai días así: días nos que por moi coidadosa que sexas non estás. E hai que facelo, hai que lavar, hai que tender, hai que comer… Lavar, comer, non deixan de ser unha (necesaria) rutina. O de pasar o ferro xa se tal…

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: