BLOGME TENDAL CCXXXIII: Tendedeiro técnico

10 Xul BLOGME TENDAL CCXXXIII: Tendedeiro técnico

Cando se tende roupa de abrigo, que é pesada e gorda de seu, si que entendo este xeito de tendela. Garantes que seca antes e que seca ben. É incómodo volver collela o outono seguinte e toparlle piolla no sobrazo.
Chámame a atención cando se tende así unha camisa, por exemplo. Adoita ser home quen o fai. Xa se sabe que as mulleres son máis espertas en linguas estrañas e non porque as falen senón porque escoitan. Elas, por exemplo, saben a lingua dos ventos, e mentres tenden, falan: “como vas secar hoxe?” “Así ou secomasí ou destoutra maneira”.
Así ela tamén sabe como axudar ó vento. Tendendo así os abrigos, por exemplo

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: