15 Mai BLOGME TENDAL CCXXV: Campo de concentración
Non é un estendal porque a imaxe contradí á palabra.
Se fose un estendal, as roupas estarían estendidas, e non. Están arreboladas unhas nas outras, ou contra as outras, ou enriba das outras.
Máis que colgadas da corda, están pechas, debruzadas na varanda. Pero rendidas, vencidas. Ata que non veña un aire que as encha de vida e ansia de saír de aí.
Moito tería que traballar a prancha. Se a houbera.

Sen comentarios