01 Nov BLOGME TENDAL CICVII: Apariencias
O que me chama deste tendedeiro non é a roupa senón eses “capuchóns?” , o branco, o amárelo… para que son. Na esquerda de todo hai unha redeciña que xa coñecía aínda que é a primeira vez que vexo tendida, e supoño que ha de ser para levar os suxeitadores dentro da lavadora. Bonito paradoxo, suxetar ós suxetadores! Pero os “capuchóns?”
Outra cousa que me chama é a distinta figura que pintan os vestidos e a roupa interior. Vestidos longos e lanzais combinados con intimidades de talla. Dúas mulleres nunha. Que saen á rúa xuntas, abrazadas, prendidas unha na outra. Inseparables. Saen á rúa xuntas e saen ó tendal separadas. Quen as queira ten que as querer ás dúas, non hai escolla posible. Así é a rosa. Así é a roupa. Así é o tendal e máis quen o tende.
Hmmm quen acompañe estas roupas á intimidade …
Sen comentarios