BLOGME TENDAL CLXXXI: tendal e prexuízos

12 Xul BLOGME TENDAL CLXXXI: tendal e prexuízos

1506 016

Tamén a frontera da roupa foi borrada, para ben, dende o meu punto de vista, pois os homes gañamos en cor, alegría e transparencia vital. Grazas á roupa.

Así que cando vin este tendal ocasional, de turista, de visitante, de xente de paso, pois só esta xente tende así, na varanda, sen pinzas, á vista de tanta xente e contra o decoro municipal legalmente establecido por alcaldes/as que nin deben lavar roupa nin saber o importante que é secala ben. Cando vin esta trandeira, digo, pensei: tendedeiro feminino.

Pero logo asaltoume a dúbida: Non estarei sendo víctima dos prexuízos agochados no meu inconsciente? Esta roupa, finalmente son shorts e camisola de asas, non podería ser de home? Podería, claro que si.

Pero finalmente a experiencia inclinou a balanza ó lado feminino. Pode ser roupa de home, si. Pero… só sei de mulleres que sexan quen de pasaren o traballo de, estar de paso, e lavar roupa para estaren limpas. Si, van saír pola noite, ninguén se vai decatar… elas si. E a súa competencia, tamén (amigas, nomeadamente estas, incluídas)

Sen comentarios

Deixar unha resposta

%d bloggers like this: